Aquí vos deixamos algunhas lembranzas desta semana na que tanto aprendemos sobre normas de circulación e seguridade viaria grazas as actividades prestadas pola Policía Local, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a Asociación Stop Accidentes e a Fundación Mapfre. Agradecémoslles a súa dedicación!
Pasámolo incríbel no circuito de karts!
Grazas aos axentes policiais coñecimos máis de cerca os vehículos da Policía do noso concello.
Por uns días o noso patio cuberto semellou ás nosas rúas, coas súas estradas, pasos de peóns ou semáforos.
Gozamos tanto de esta experiencia que nos tarda volver a repetila!
Pablo veu encantado, e aos dous días preguntaba cando volvían os policías. Gracias
ResponderEliminar