xoves, 31 de xaneiro de 2019

DESEÑA A MASCOTA DA BIBLIOTECA


Convocatoria dirixida ao alumnado do centro

Este ano calquera de vós pode ser a creadora ou creador da mascota para a Biblioteca do CEIP DE PRÁCTICAS.

Toma nota das BASES do concurso:

1. A mascota debe ser debuxada e pintada, usando calquera das técnicas que prefiras, nun formato tamaño A4.(Este traballo pode ser realizado tanto na clase como nas vosas casas).

2. A mascota deberá ser orixinal; quedarán eliminadas aquelas creacións que sexan copias ou sexan similares a outras personaxes conocidas.

3. O prazo de presentación remata o luns 11 de febreiro. A partir desta data e co material recollido, unha comisión formada por parte do claustro seleccionará a mascota ganadora.

4. Unha vez elixida a mascota haberá unha segunda fase deste concurso para elixir o nome da mascota.

5. A mascota elixida poderá ser retocada e mellorada, sen perder a súa identidade para así facilitar os seus distintos usos como símbolo da biblioteca escolar.


luns, 28 de xaneiro de 2019

NOVO CALENDARIO 2019



Xa podedes descargar e imprimir nas vosas casas o calendario feito polo alumnado do cole. Nel descubriredes os desexos que cada clase elaborou e ilustrou para o novo ano.

Desfrutadeo!



DESCARGA AQUÍ O CALENDARIO 2019





venres, 25 de xaneiro de 2019

VISITA DE ALEX E SARA

Este xoves, as alumnas e alumnos de Educación Infantil gozamos da visita de Alex e Sara, contacontos da Editorial Kalandraka, que nos fixeron pasar uns momentos de gran ledicia coas súas músicas e historias. Estivemos moi atentos ao que Sara sacaba da súa maleta... Elmer, Violín, Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés foron algúns dos contos que desfrutamos e que podemos atopar na biblioteca do cole. 

Agradecémoslles a súa deliciosa visita e agardamos que volvan pronto!




Algúns dos contos que escoitamos e cantamos: