xoves, 14 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARVALHO CALERO


LETRAS GALEGAS 2020. ADICADAS AO ESCRITOR


RICARDO CARVALHO CALERO


Aquí  vos deixamos que olledes a súa biografía e a importancia que representa para a nosa língua.


BIOGRAFÍA

PARA COMPLETAR  E QUE VOS INFORMEDES E SAIBADES UN POUCO MÀIS, AQUÍ TENDES UNHAS ACTIVIDADES POR CURSO:

ACTIVIDADES 1º DE PRIMARIA

ACTIVIDADES 2º DE PRIMARIA

ACTIVIDADES 3º DE PRIMARIA

ACTIVIDADES 4º DE PRIMARIA

ACTIVIDADES 5º DE PRIMARIA

ACTIVIDADES 6º DE PRIMARIA




ESPERAMOS QUE VOS GUSTE! 




martes, 28 de abril de 2020

CONTACONTOS

Parte da familia García Rouco, Mari, Víctor de 4º de EP e Alba de 4º de EI, quixeron deleitarnos con este contacontos do album ilustrado CON LOCURA de Émile Jadoul.

En palabras da mamá da familia este é "un libro que, sen coñecer ben a intencionalidade do autor, nos parece moi apropiado para ensinar a AMAR SEN PRIVAR DE LIBERDADE. Persoalmente, o que menos nos agrada é o feito de que na contraportada o gato parece voltar á casa co peixe... pero démoslle ao autor o beneficio da dúbida." Así o faremos! 


              
Moitas grazas por compartilo, namóranos!


Por outra banda, Antón de 6º de EI e Mercedes quixeron agasallarnos con este conto de creación propia utilizando as portadas dalgúns dos contos que teñen pola casa, unha auténtica xenialidade!

   


Por último, queremos compartir os BOOKFACES que non seguen chegando!
 
Moitas grazas a todas pola vosa colaboración e o tempo que adicades visitándonos, vós lle dades sentido ao blog :)


sábado, 25 de abril de 2020

BOOKFACES

Aquí están as vosas primeiras achegas para o reto #BOOKFACE, ENCÁNTANNOS!!








MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!

Podedes enviar as vosas cousiñas a: ceip.practicas.corunha@gmail.com

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO





PICARIÑ@S DE PRÁCTICAS!!

HOXE É DÍA 23 DE ABRIL... NON VOS SOA A ALGÚN DÍA PARA LEMBRAR?

EXACTO É O DÍA DO LIBRO.

PARA CONMEMORALO HAI COLGADAS EMBAIXO UNHAS TAREFIÑAS MOI CHULAS E LUCIDAS QUE PODEDES FACER. 

ANIMÁDEVOS QUE PRECISAMOS COLABORACIÓN DAS VOSAS CREACIÓNS. VÓS SODES AS PROTAGONISTAS!

VEÑA!!!!

BIQUIÑOS PÍCAROS DE XOCAS

mércores, 22 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO

Boa tarde familias!

Como saberedes mañá 23 de abril conmemórase o Día Mundial do Libro e para celebralo gustaríanos plantexarvos o seguinte #RETO:

O reto consiste en realizar un BOOKFACE. E que é isto? Trátase de compartir unha fotografía onde a cara ou algunha parte do corpo encaixe coa portada dun libro. Aquí algúns exemplos que atopamos pola rede:

Estamos seguras de que tendes montóns de libros na casa cos que podedes xogar para crear o voso BOOKFACE! Animádevos a participar. Podedes enviar as vosas imaxes ao longo desta semana.

Tamén podedes enviarnos DEBUXOS das vosas lecturas favoritas ou FOTOGRAFÍAS lendo nos vosos recantos, e se nos enviades algunha RECOMENDACIÓN, moitísimo mellor!!

Esperamos as vosas creacións!

luns, 23 de marzo de 2020

#EuQuedoPeroNonParo

Ola familias! 

Como vos atopades? Esperamos que todas esteades ben e sigades activas coas vosas rutinas. Temos moitas ganas de saber o que estades a facer cada unha de vós! De momento, aquí vos ensinamos as primeiras mostras que non achegan ao correo do blog.

Este cartaz tan vistoso realizárono Saínza (1º EP) e Aldán (5º EI) nun cartón de refugallo, unha vella caixa de cereais; ben feito por vós! Ademáis de debuxar, fan as tarefas escolares e toman o sol preto da fiestra porque saben que TODO SAIRÁ BEN.


Aquí Amaro (4ºEI) e Estevo (1º EP) xunto co seu irmanciño traballando arreo para rematar os seus debuxos para colgar na ventá. Mentres debuxaban aproveitaron para coller toda a vitamina D que nos chega do sol. Bravo por vós!

Alfonso (3º EP), Maite e Pepa (6º EI) diante do seu cartaz, que como vedes non pasa desapercibido! Noraboa, así se fai!


                                            
Grazas por compartir o teu arco da vella, Vera! Chégannos os teus bicos!

Moitas grazas pola vosa participación. Danos moita alegría vervos tan activos; botámosvos moito de menos, e animámosvos a seguir contándonos o que facedes.

#euquedonacasa #nósquedamosnacasa #yomequedoencasa #todosairáben

DÍA DA POESÍA

Este sábado 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía e, Antonio García Teijeiro, un dos nosos poetas favoritos aproveitou para recitarnos algúns poemas dun do seus últimos libros Paseniño, paseniño

             
Lembrade que á volta poderedes atopar este libro e moitas outras obras do autor na nosa biblioteca.
Oxalá vos animades a lanzar os vosos poemas ó aire ou grabarvos para que vos escoitemos dende as nosas casas. Animádevos!

xoves, 19 de marzo de 2020

TODO SAIRÁ BEN!


Estes días de pechamento, vemos pola ventá como outras ventás veciñas comezan a encherse con debuxos e cartaces cheos de esperanza que nos axudan a sobrelevalo. Dende o Equipo de Biblioteca e EDLG vos animamos a participar nesta iniciativa que está a levarse a cabo por todo o país e a compartir con nós toda esa arte e mensaxes positivas que estades a realizar. Será unha maneira de achegarnos ás nosas compañeiras e compañeiros que tanto botamos de menos!




Enviade as vosas fotos debuxando, dos debuxos, ou videos de ánimo ao correo do blog: ceip.practicas.corunha@gmail.com 

mércores, 18 de marzo de 2020

#NósQuedamosNaCasa

Moi boas, familias!

Aquí vos deixamos un vídeo que envía Marcos de 6º de EI onde leva a cabo un experimento no que podemos ver a importancia de lavarnos ben as mans con xabón. Lembrade enxaboarvos ben as mans para espantar eses virus!


Se queredes compartir no blog algún tutorial, vídeo ou algunha imaxe vosa traballando e explicándonos as vosas rutinas destes días, podedes envialo ao correo ceip.practicas.corunha@gmail.com, recordade grabarvos ou escribirnos EN GALEGO. É importante que saibades que este correo de gmail é só para asuntos vinculados ao blog; non é o correo da escola.

Gustaríanos compartir con vós outros recursos e consellos que atopamos na rede sobre como afrontar o tema cos miúdos da casa, seguro que vos son de interese:

Consellos para periodos longo na casa: https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/03/Consejos-Psicologicos-para-largos-periodos-dentro-de-casa.pdf.pdf



mércores, 26 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

Aquí aparece un resumo do ben que o pasamos ese día. Non quedamos indiferentes, 
houbo de toda temática e variedade de disfraces, dende os máis actuais ata recopilar verdadeiras xoias de como se celebraba o entroido na zona de Paderne.

Unha vez máis, destacar a colaboración das familias na organización da festa. Degostamos os  doces típicos para darnos enerxía e así troulear.




domingo, 16 de febreiro de 2020

O noso taller de cociña

Os pequenos chefs do Ceip. de Prácticas elaboraron deliciosas receitas como Mousse de limón, trufas  de chocolate, brochetas de froita doces …😋Mesmo tivemos convidados/as!  Pero agora estreamos  o novo Taller de Cociña con un forno, un batedor e un montón de novos utensilios para facer receitas máis elaboradas: comezamos con galletas de San Valentín! 💕 Grazas a todo o Ceip. de Prácticas por crer no noso talento e estar sempre dispostos a probar os nosos pratos 😉









sábado, 8 de febreiro de 2020

CHEGOU O DÍA DA PAZ!

O día 30 de xaneiro é unha data na que lembramos un lema tan importante que debe estar presente nas nosas vidas. Aínda que sexa un día de conmemoración, non podemos esquecer representalo día a día.

Este ano fixémolo por partida dobre: o mesmo día









e tamén o 3 de febreiro en colaboración con outros coles:



Para que lle botedes unha olladiña, aquí vos deixo un recordo destes dous días.

Deica logo!

Xocas. 


xoves, 6 de febreiro de 2020

MOI PRONTO...


O escritor madrileño Pedro Mañas Romero, galardoado cos premios máis prestixiosos da literatura infantil e xuvenil a nivel nacional, estará a mañá do luns cos alumnos de 2º e 3º de EP para falar, entre outras cousas, do libro que leron estes días.

luns, 27 de xaneiro de 2020

NOVIDADES PARA A IGUALDADE

Hoxe queremos ensinarvos algunhas das novidades que podedes coller emprestadas na biblioteca. Son contos coeducativos.
Estes contos son as sementes coas que pretendemos conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. Con algúns veremos como se rompen os roles tradicionais e estereotipos sexistas, reflexionaremos sobre a corresponsabilidade nas tarefas, veremos outros modelos e referentes nos que poder mirarse e poder imitar; diversidade, tolerancia, respecto polo outro, compromiso coa defensa do máis débil... Tantos contidos interesantes e necesarios que estamos desexando que os descubrades e dean os seus froitos.

martes, 14 de xaneiro de 2020

ESTREAMOS CALENDARIO


Xa podedes descargar e imprimir o calendario feito polo alumnado para este novo ano. Nel atoparedes unha acción por cada mes do ano que nos recordará cómo coidar o planeta. Tomemos boa nota e traballemos nos nosos hábitos diarios para loitar contra o cambio climático.