xoves, 25 de abril de 2019

GOZAMOS DA MÚSICA CLÁSICA EN VIVO

Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca a varias alumnas e alumnos do Conservatorio Superior da Coruña, onde nos ofreceron varias interpretacións musicais que nos marabillaron. 

Para o alumnado de Infantil interpretaron o conto musicado de Carapuchiña Vermella e para o 1º ciclo de Primaria elixiron Peter Pan. Escoitamos con atención os sons do piano, o saxofón, o contrabaixo ou a viola. Quedamos encantados e con ganas de coñecer e experimentar máis con estas músicas!




O noso compañeiro Daniel Boedo da clase de 5 anos interpretou un anaco dunha peza musical para deixarnos coa boca aberta; ben feito Dani!


Co agasallo do alumnado do Conservatorio que nos mesmos decoramos.