venres, 22 de febreiro de 2019

Medio meiga, medio fada

Estes días conmemoramos un ano máis o Día de Rosalía de Castro nas nosas aulas e para elo cantamos, debuxamos, recitamos... e limos sobre a nosa benquerida Rosalía.

Ao longo da semana, cantamos a Rosalía con Uxía e coñecémola un pouco máis.




Escoitamos con atención aos nenos de 5º e 6º de EP recitar en público os seus versos nas aulas de Infantil e 1º ciclo, apreciamos o seu esforzo e respectamos o seu traballo; por turnos de palabra fixemos as preguntas que consideramos e agradecimos a súa visita.







Nalgunhas aulas de Primaria xogamos cos seus versos para crear novas e fermosas composicións, varias delas están colgadas no recibidor do colexio formando un gran mural xunto ao retrato da autora que todos e todas fixemos conxuntamente inspirados no pop art.


En Infantil chamamos por Mariquiña e Minguiño, ao preparar parte do poema "Vente, rapaza" tomado da súa obra "Cantares Gallegos". Finalmente, grabámolo e velaquí tendes o resultado. Directamente ao posto número 1 nas nosas listas de reprodución.



        

mércores, 6 de febreiro de 2019

DE PÓLA EN PÓLA

AQUÍ VOS ACHEGAMOS UNHA SELECCIÓN DOS LIBROS QUE PODEDES ATOPAR NA NOSA BIBLIOTECA SOBRE O NOVO CENTRO DE INTERESE: OS NOSOS BOSQUES, DE PÓLA EN PÓLA.

POUCO A POUCO IMOS AFONDANDO NO TEMA GRAZAS TAMÉN Á ACHEGA DE EMPRÉSTITOS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL OS ROSALES. DENDE AQUÍ DÁMOSLLES AS GRAZAS ÁS SÚAS BIBLIOTECARIAS POLO SEU TEMPO E DEDICACIÓN NA BUSCA DE MATERIAL PARA O NOSO TRABALLO.