venres, 24 de maio de 2019

OS CANS TAMÉN CONTAN

O xoves foi un día moi especial para nós. Recibimos a visita de Susana e María que, ademáis de contacontos, son especialistas en adestramento canino e instructoras de cans de asistencia. Nesta visita as acompañaron Bico e Pipa, dous cans moi agarimosos aos que puidemos acariñar e aos que tratamos coa máxima consideración e respecto.

Bico con María e Susana










Pipa deixándose aloumiñar moi gostosa.



Ademais da escolla de contos coa que nos deleitaron, aproveitaron tamén para contarnos sobre a vida de Pipa e Bico e deixáronnos como agasallo a súa historia.

Comprobamos cómo Pipa e Bico gozaban tamén das lecturas e moitas de nós xa estamos preparando as nosas lecturas para lerlles aos nosos compañeiros caninos nas nosas casas.

venres, 17 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Dende o CEIP de Prácticas queremos desexarvos un Feliz Día das Letras Galegas! 

Antón Fraguas fundou cos seus compañeiros a Sociedade da Lingua cando tiña 18 anos (en 1923). Algúns dos obxectivos desta iniciativa eran defender o galego e crear un dicionario que nunca vería a luz. Como homenaxe, quixemos rescatar algunhas das palabras que máis nos gustan da nosa lingua ou que nos chaman a atención. Cada alumno aportou a súa palabra ao mural da entrada. 





Ademais, para celebrar este día, o mércores e o xoves levamos a cabo un apadriñamento lector. O alumnado de 5º e 6º de Primaria leu ao alumnado de Infantil e 1º ciclo. 



Deixámosvos a Guía de Lecturas en galego que se repartiu no día de onte.






martes, 14 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao mestre e escritor galeguista Antón Fraguas e coa idea de que o coñezades mellor, na entrada da nosa escola podedes atopar algunhas das novas adquisicións que fixemos con este motivo:






A laranxa pequeniña cabe dentro do limón,
tamén ti miña meniña cabes no meu corazón.
Anque te volvas serpente, anque te tires ao mar;
anque te envolvas na area, eu buscar heite buscar.


Enlazámosvos tamén algúns videos que podedes atopar na rede creados por alumnado da ESO



Mentras tanto, estes días o alumnado de Primaria participa nunha xincana polos corredores do colexio en busca das respostas ás cuestións sobre a vida de Antón Fraguas que lles plantexamos:


   




A semana continúa e tamén a festa das nosas Letras! 







domingo, 12 de maio de 2019

SEMANA DA EDUCACIÓN VIARIA

Aquí vos deixamos algunhas lembranzas desta semana na que tanto aprendemos sobre normas de circulación e seguridade viaria grazas as actividades prestadas pola Policía Local, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a Asociación Stop Accidentes e a Fundación Mapfre. Agradecémoslles a súa dedicación!







Pasámolo incríbel no circuito de karts!




Grazas aos axentes policiais coñecimos máis de cerca os vehículos da Policía do noso concello.









Por uns días o noso patio cuberto semellou ás nosas rúas, coas súas estradas, pasos de peóns ou semáforos.

Gozamos tanto de esta experiencia que nos tarda volver a repetila!