Dende o CEIP de Prácticas queremos desexarvos un Feliz Día das Letras Galegas!
Antón Fraguas fundou cos seus compañeiros a Sociedade da Lingua cando tiña 18 anos (en 1923). Algúns dos obxectivos desta iniciativa eran defender o galego e crear un dicionario que nunca vería a luz. Como homenaxe, quixemos rescatar algunhas das palabras que máis nos gustan da nosa lingua ou que nos chaman a atención. Cada alumno aportou a súa palabra ao mural da entrada.
Ademais, para celebrar este día, o mércores e o xoves levamos a cabo un apadriñamento lector. O alumnado de 5º e 6º de Primaria leu ao alumnado de Infantil e 1º ciclo.
Deixámosvos a Guía de Lecturas en galego que se repartiu no día de onte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario