domingo, 12 de maio de 2019

SEMANA DA EDUCACIÓN VIARIA

Aquí vos deixamos algunhas lembranzas desta semana na que tanto aprendemos sobre normas de circulación e seguridade viaria grazas as actividades prestadas pola Policía Local, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a Asociación Stop Accidentes e a Fundación Mapfre. Agradecémoslles a súa dedicación!







Pasámolo incríbel no circuito de karts!




Grazas aos axentes policiais coñecimos máis de cerca os vehículos da Policía do noso concello.









Por uns días o noso patio cuberto semellou ás nosas rúas, coas súas estradas, pasos de peóns ou semáforos.

Gozamos tanto de esta experiencia que nos tarda volver a repetila!


1 comentario:

  1. Pablo veu encantado, e aos dous días preguntaba cando volvían os policías. Gracias

    ResponderEliminar