luns, 27 de xaneiro de 2020

NOVIDADES PARA A IGUALDADE

Hoxe queremos ensinarvos algunhas das novidades que podedes coller emprestadas na biblioteca. Son contos coeducativos.
Estes contos son as sementes coas que pretendemos conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. Con algúns veremos como se rompen os roles tradicionais e estereotipos sexistas, reflexionaremos sobre a corresponsabilidade nas tarefas, veremos outros modelos e referentes nos que poder mirarse e poder imitar; diversidade, tolerancia, respecto polo outro, compromiso coa defensa do máis débil... Tantos contidos interesantes e necesarios que estamos desexando que os descubrades e dean os seus froitos.

martes, 14 de xaneiro de 2020

ESTREAMOS CALENDARIO


Xa podedes descargar e imprimir o calendario feito polo alumnado para este novo ano. Nel atoparedes unha acción por cada mes do ano que nos recordará cómo coidar o planeta. Tomemos boa nota e traballemos nos nosos hábitos diarios para loitar contra o cambio climático.